Belém Tajes perfílase como unha das voces máis interesantes do panorama actual, pola súa traxectoria musical tan heteroxénea e pola súa versatilidade, xa que a súa mirada vai desde a música tradicional á clásica, pasando polo soul, o rock ou mesmo a bossa-nova. Vén de lanzar o seu primeiro EP “Un Mapa”, que bebe da música de raíz galega e de ritmos arxentinos tan xenuinos como a chacarera e o tango.
Tras colaborar en formacións como Luar na Lubre, Vudú, Xosé Lois Romero e Aliboria, e Moura, ademais de ter colaborado con importantes bandas a nivel español como Vetusta Morla e FeténFetén, Belém Tajes emprende este novo proxecto como solista no que se fai acompañar de Cibrán Seixo e Nico Vieites nos directos, e nos que a veces colaboran outras voces como as pandeireteiras Lilaina, Abe Rábade ou a banda de ventos Bicoia.