¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Carabela

ARTISTA

Carabela

Instagram Carabela Facebook Carabela Youtube Carabela

CARABELA é o proxecto de tres amigas que medraron rodeadas de música. Desa intención por seguir medrando musicalmente, Alba Vázquez, Pablo Agra e Ana Moas, uníanse en 2021 para darlle forma a este novo proxecto e comezar a trazar as liñas do seu primeiro EP.

Despois da súa primeira aparición en escena co sinxelo “Catro pesos”, a formación noiesa debuta no 2023 con "Nó", un EP completamente autoproducido, mezclado e masterizado de catro temas, nos que dan unha nova volta ao timón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional.

Unha ópera prima no que as melodías que parten do fascinante rexistro vocal de Ana Moas surcan entre as arriscadas ondas sonoras que abrollan dos teclados de Alba Vázquez e da guitarra e programacións de Pablo Agra. Unha proposta musical coas coordenadas ben enraizadas en terra firme pero coa brúxula orientada ás rompentes da vangarda, cunha vocación contemporaneizadora da nosa música que enfía no ético e no estético con compañeiras de xeración coma Fillas de Cassandra, Mondra, Mai, Baiuca, Catuxa Salom, Toma de Terra ou as propias Tanxugueiras.

 

ESCOITAR AGORA

 

MÁIS DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Aftermovie do Concerto que tivo lugar no Teatro Colón o 2 de Xullo de 2023 dentro da programación do Xullo Pop!

O noso primeiro concerto, a nosa primeira vez enriba dun escenario. Detrás, o esforzo e a ilusión de preparar un directo co tempo na nosa contra. Sentiamos a inmensa responsabilidade de corresponder ao apoio das nosas, a nós mesmas e facer xustiza nesa sorte de espazo que é o Colón. Que aterrador é expoñerse sen pantallas que nos protexan. Pero que bonito e importante é sentir a nosa música deste xeito. Compartila entre nós, con vós. Esta Carabela xa non para.

Voz: Ana Moas
Guitarra e Programacións: Pablo Agra
Sintetizadores e programacións: Alba V. Burke
Baixo eléctrico: Pablo Pazos
 
Luces e escenografía: Laura Iturralde e José Faro de Nononon Lab
Técnico de son: Juanjo Abella

Grabación: Paula Correa
Realización e montaxe: Jairo Iglesias
Mezcla: Pablo Agra

Agradecementos: Deputación da Coruña

 

 

GALERÍA DE IMAXES DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres saber máis?

Contacta con A Seara para coñecer polo miudo datos de contratación de Carabela.

CONTACTO