Mocho Gris é um proxecto que explora as posibilidades dunha electrónica creada artesanalmente e xunto a elementos acústicos, a través da unión das identidades artísticas do cantante portugués João Neves e do percusionista galego Lucas de Centi. Resultado do encontro destes músicos en Lisboa no 2016, cando ambos estudaban na Escola Superior de Música de Lisboa, a sonoridade que surxe desta fusión caracterízase pola combinación de elementos das tradicións portuguesa e galega, cos elementos esenciais que, segundo o pianista Brad Mehldau, caracterizan a música pop:
“simplicity of melody, an economy of material and a short form, but also a strong emotional effect on the listener that hopefully lingers and swells in your consciousness after you’ve heard it.”
— Mehldau, B. (1998). Songs.
Máis alá da voz de João e do vibráfono, instrumento base na formación de Lucas, o dúo frecuentemente incorpora outros instrumentos tais como sintetizadores, caixas de ritmos, piano, saxofóns e percusións tradicionais, limitados pela imposibilidade física de tocar como unha orquestra completa con só catro mans.
Despois dunha pausa forzada dalgúns anos, actualmente, aínda que distanciados xeograficamente polos quilómetros que separan Galiza da capital portuguesa, o dúo reactívase para afrontar unha nova etapa da sua evolución artística. Mocho Gris prepárase para a publicación do seu primeiro álbum completo tras o lanzamento da mixtape .zip. O primeiro disco do dúo reflectirá e evolución musical de ambos, tanto en calidade de compositores e intérpretes como nas habilidades de produción, papel que asumen na construción deste novo repertorio. Contan tamén cos produtores galegos Hevi e crnds, imprescindibles para o desenvolvemento do universo sonoro deste álbum.
Mocho Gris é un proxecto que procura, na área musical unificar o pop mainstream — eminentemente estadounidense e vinculada á black music, que muito influenciou o dúo nos anos 90 e 00 —, coa súa posterior formación como intérpretes de jazz e música experimental. Ademais, intenta recoñecer e valorar as tradicións musicais portuguesa e galega, que foran separadas do itinerario natural dos músicos deses países. O obxectivo é, polo tanto, absorber a influencia norte-americana, pero tamén contribuír cunha perspectiva local, traendo unha universalidade ibérica e única, como fixeran moitos dos maiores artistas brasileiros do século pasado coa súa propia cultura, desde Caetano Veloso a Gal Costa, pasando pelos Novos Baianos.
Desde o punto de vista lírico, o proxecto intenta recoller o espírito dalgunhas das correntes musicais máis importantes da península ibérica, tais como o flamenco ou o fado, así como dalgunhas das figuras decisivas do pop galego-portugués como António Variações ou Mercedes Peón. O obxectivo é traelas para o presente, usando esas letras para falar do mundo actual e as inquietudes que a sociedade pos-moderna nos trae.
ESCOITAR AGORA