¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Carabela

ARTISTA

Carabela
Premio NARF 2024

Instagram Carabela Facebook Carabela Youtube Carabela

CARABELA nace no 2021 cunha proposta musical que oscila entre as
correntes do pop, da electrónica e da música tradicional. Os seus sons
ben enraizados en terra firme e a súa narrativa intimista navegan coa
brúxula orientada ás rompentes de vangarda, cunha visión
contemporaneizadora da nosa música.

Despois da súa primeira aparición en escena co sinxelo “Catro
pesos” (2022), a formación noiesa debuta no 2023 con "Nó", un EP
de catro temas cos que se erixen finalistas nos Premios Martín
Códax da Música 2023, na categoría de electrónica. En 2024 produciron “Nø”, unha peza que nace da mestura das cancións do seu primeiro EP e coa que despiden o seu traballo debut para dar a benvida ao seu segundo EP.

Continuando a súa senda, a banda publica en xuño de 2024 “A noite”.
Un disco de seis temas que pretenden debuxar os pensamentos que
nos asolan na vulnerabilidade da noite. Os contrastes e a fraxilidade, a
delicadeza e a intensidade, comezan a marcar unha seña na ruta de
CARABELA, que non ten medo a mostrar novas caras.

A banda está formada por Ana Moas (vocalista), Alba V. Burke
(teclados e sintetizadores), Pablo Agra (guitarra, programacións e
coros) e Pablo Pazos (baixo eléctrico).

 

ESCOITAR AGORA

 

MÁIS DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Aftermovie do Concerto que tivo lugar no Teatro Colón o 2 de Xullo de 2023 dentro da programación do Xullo Pop!

O noso primeiro concerto, a nosa primeira vez enriba dun escenario. Detrás, o esforzo e a ilusión de preparar un directo co tempo na nosa contra. Sentiamos a inmensa responsabilidade de corresponder ao apoio das nosas, a nós mesmas e facer xustiza nesa sorte de espazo que é o Colón. Que aterrador é expoñerse sen pantallas que nos protexan. Pero que bonito e importante é sentir a nosa música deste xeito. Compartila entre nós, con vós. Esta Carabela xa non para.

Voz: Ana Moas
Guitarra e Programacións: Pablo Agra
Sintetizadores e programacións: Alba V. Burke
Baixo eléctrico: Pablo Pazos
 
Luces e escenografía: Laura Iturralde e José Faro de Nononon Lab
Técnico de son: Juanjo Abella

Grabación: Paula Correa
Realización e montaxe: Jairo Iglesias
Mezcla: Pablo Agra

Agradecementos: Deputación da Coruña

 

 

GALERÍA DE IMAXES DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres saber máis?

Contacta con A Seara para coñecer polo miudo datos de contratación de Carabela.

CONTACTO