Carabela

ARTISTA

Carabela
Premio NARF 2024

Instagram Carabela Facebook Carabela Youtube Carabela

CARABELA é unha banda cunha proposta musical que oscila entre as
correntes do pop, da electrónica e da música tradicional.

Actuou en festivais como Facela Fest, compartindo escenario con bandas como Lisabö e Micah P. Hinson, MARÉ ou TROPOS, consolidando a súa presenza na escena musical alternativa dentro e fóra de Galicia. En 2024 foi galardoada co Premio Narf, en recoñecemento á súa proposta artística.

A súa discografía inclúe os EP Nó (2023), A noite (2024) e Club A Noite (REMIX) (2025), un traballo de reinterpretacións electrónicas coa participación de diferentes artistas da escena galega. En 2025 colaboraron, ademais, coa referente Mercedes Peón ao ser seleccionados por EnFoco.

En 2026, a banda encargouse da creación do espazo sonoro da obra de teatro físico O que xermola no lume, cuxa banda sonora publicará en novembro dese mesmo ano. Este lanzamento precede á publicación do seu primeiro álbum de longa duración, previsto para o outono de 2027, co que Carabela abre unha nova etapa creativa e sonora.

 

ESCOITA AGORA

 

MÁIS DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

GALERÍA DE IMAXES DE CARABELA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres saber máis?

Contacta con A Seara para coñecer polo miudo datos de contratación de Carabela.

CONTACTO

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar