As cancións dos burgaleses El Nido parten dos sons tradicionais da terra, como busca de orientación e identidade nun presente cada vez máis acelerado e convulso. Un traballo luminoso, delicado, orixinal, con ecos ao campo e á herba, que difumina as divisións entre xéneros.
O seu primeiro álbum, Refuxios a ceo aberto, foi producido por Diego Galaz (Fetén Fetén, Fito y Fitipaldis) e reflicte un universo no que soan xotas, ajechaos, rodas burgalesas, latas de pemento e tixolas para falarnos de intereses plenamente contemporáneos. As colaboracións son un bo reflexo deste encontro entre o moderno e o tradicional feito disco: David Ruiz, cantante de La MODA, Ari Rubio, do dúo TéCanela, e Orégano, pilar da música tradicional castelá.
Tras un dous anos de fulgurante xira con máis de 180 concertos en 2023 e 2024, a banda vén de anunciar novo single co artista asturiano Rodrigo Cuevas.
ESCOITAR AGORA