Carabela

ARTISTA

HIGH PAW

Instagram CarabelaYoutube Carabela

High Paw é unha artista viguesa cun espazo propio na escena musical estatal e internacional grazas á súa mestura de reggae, hip hop e músicas urbanas en galego. Con case dúas décadas de traxectoria, soubo conectar a tradición sonora caribeña coa identidade cultural galega, converténdose nunha voz imprescindible desta escena. Letras críticas, identidade propia e unha proposta aberta e bailable definen un proxecto capaz de conectar con públicos diversos. Neste 2026 abre unha nova etapa con banda propia, presentando o seu próximo EP, A Braña.

Con High Paw & Elephants gañou un Premio Martín Códax e actuou en escenarios e festivais como Reggaeboa ou RockPalace Madrid. En solitario xirou por medio mundo, percorrendo México e Europa, e colaborou con artistas como Manu Chao, Wöyza, Chalart58 ou Ortiga. No seu novo espectáculo explora unha posta en escena máis coidada e arroupada por unha gran banda para presentar as novas sonoridades do seu próximo disco. Un directo renovado, de instrumentación viva e orgánica, que a leva neste ano 2026 a escenarios como Stroud Brewery en Bristol, Nowareggae en Barcelona ou o festival Dub’n the Creek en California.

 

A banda:

  • High Paw, voz

  • Laura Viñas, coros

  • Brais Iriarte, baixo e sintetizador

  • Zalo Rodríguez, teclados

  • Decsus, batería

 

ESCOITAR AGORA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Queres saber máis?

Contacta con A Seara para coñecer polo miudo os datos de contratación

CONTACTO

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar