NEBRA é un proxecto musical inspirado na estrutura das cantigas tradicionais das cantareiras, pero con sons de electrónica, baixo eléctrico e percusión máis afastada do concepto tradicional. A banda nace en abril do 2020 en Lugo da man da cantante e mestra de canto Sara Pérez Cruz (Sara Nebra), en colaboración co baixista Ángel Boquete e o batería Ro Muñoz. Tras musicalizar o poema de Federico García Lorca “Danza da lúa en Santiago”, o trío lanzou en 2022 o seu primeiro disco “Sereas”. No mesmo ano foron finalistas na categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe dos Premios Martín Códax da Música.
ESCOITAR AGORA