¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

COÑECE A

NOSA EQUIPA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Ana Díez

Ana Díez

Graduada en Ciencia Política e da Administración con especialización en prensa de gabinete e comunicación corporativa pola Universidade Metropolitana de Praga. Certificada en dinamización de comunidades en liña pola UNED e especializada en xestión cultural pola Universitat Oberta de Catalunya e a USC.

Traballadora por conta propia dende 2016, desenvolveu servizos de xestión cultural especializados en comunicación, produción e execución de proxectos para entidades como a Academia Galega do Audiovisual, Uqui.net, En Negro Contra as Violencias, Silabario Gastronomía, Curtocircuíto International Film Festival, Premios María Luz Morales, Camino Escena Norte, Mercartes, Fundación Eugenio Granell, Consello da Cultura Galega, Culturgal, Cidadanía S.Coop Galega, O Globo - Solidariedade Internacional de Galicia, Compostela Ilustrada ou Festival FIC Vía XIV, entre outros. Ademáis colaborou en múltiples proxectos relacionados coa economía social, coordinando a comunicación e a implementación de plans de actuación.

Actualmente é responsable de comunicación e relación con medios en Escena Galega e o AI Song Contest 2023, ao tempo que dirixe a produción de Nova Galega de Danza. Suma forzas traballando en rede dentro das cancelas d’A SEARA.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Sara García

Sara García

Graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu traballo no ámbito da xestión cultural e a comunicación. A súa traxectoria profesional vinculouse nun primeiro momento á divulgación e crítica cultural en diversos medios de comunicación (O Salto, Nós Diario, Balea Cultural, etc.). Posteriormente, decidiu adentrarse no sector das industrias culturais e creativas como xestora cultural autónoma.

Actualmente traballa como profesional freelance no desenvolvemento de proxectos culturais. As súas contribucións abarcan desde a distribución e promoción de espectáculos artísticos ata o comisariado e deseño de programacións, colaborando así cunha ampla variedade de iniciativas. Destacan entre elas o festival WOS, premiado como mellor festival indoor de Europa en 2019, así como a súa colaboración coa artista galega-arxentina Belém Tajes e o colectivo fotográfico OllO. Paralelamente a estes proxectos, é codirectora artística das Xornadas Etnográficas dá Mariña, un encontro anual itinerante ao redor das músicas de tradición oral celebrado na comarca da Mariña.