26-08-2024. Este mes andivemos coordinando a comunicación da 21ª edición do Festival Feito a Man 🚀
Rematado o festival, non queremos deixar agradecer a organización -especialmente a Ángeles Porto- a confianza depositada en nós. Tamén a Antonio Rubio por sementar n'A Seara este agosto, facendo florecer olladas preciosas que fixeron moito máis doado o noso traballo. Ao equipo de produción e VINCUSYS polo seu bo facer e amabilidade, así como as donas e donos dos locais que fixeron de porta da ducia de escenarios improvisados nas rúas e prazas da Cidade Vella, recibíndonos sempre cos brazos abertos.
Por suposto, grazas tamen as integrantes das case 40 bandas que conformaron a grella de programación, que respostaron agarimosamente tantas chamadas, mails e whatsapps, trasladándose a estudios de radio e televisión para sachar canda nós na difusión deste festival marabilla. Agradecidas tamén sempre, claro, as e os xornalistas de medios de toda pelaxe, sempre atentas e dispostas ás nosas ideas tolas.
📸 A foto que ilustra este post é de Alejo Romero Fontán
Longa vida ao Feito a man, deica o ano que vén 💓
E nós, ao seguinte! 🧨