¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A Seara fixo produciu a programación paralela do FIC Vía XIV de Verín 2024

Coordinamos a previa e implantación da produción de media ducia de concertos, actividades para cativas e o Aquí tou! de Touriñán

08-09-2024. Arrancamos setembro producindo no FIC Vía XIV de Verín, fachendosas de ourensanía 🎬

Collimos un ano máis a produ in situ das actividades paralelas do festival, tirándolle cable ás propostas de directo de KeDirán, Sophie Simonds, Diego Castro e os Impostores e Míster Cool ao abeiro da grella do certame verinense. Tamen coordinamos a implantación do “Aquí tou!” de Xosé A. Touriñán da man de Ainé e botamos cantos cabos nos requeriron nas actividades para o público máis cativo con Raquel Queizás e a Gala final do festi🎬

Desfrutamos moito das curtametraxes e da compañía de directoras e programadoras e, por suposto, da equipa nesta edición do FIC.

Grazas a organización por contar con nós unha edición máis. Deica o ano que vén!✨

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar