¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

COÑECE A

NOSA EQUIPA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Ana Díez

Ana Díez

Graduada en Ciencia Política e da Administración con especialización en prensa de gabinete e comunicación corporativa pola Universidade Metropolitana de Praga. Especializada en xestión cultural pola UOC e a USC.

Traballadora por conta propia desde 2016, desenvolveu servizos de xestión cultural especializados en comunicación, produción e xestión de proxectos para entidades como Academia Galega do Audiovisual, Axencia Galega das Industrias Culturais, Consello da Cultura Galega, Culturgal, Mercartes, AGAPI, Escena Galega, Camiño Escena Norte, Festival FIC Vía XIV, Curtocircuito International Film Festival, En Negro Contra as Violencias, O Globo - Solidariedade Internacional de Galicia, entre outros.

Encargouse da dirección de produción de pezas de danza de gran formato como "Berro" (dirixida por Sharon Fridman) ou "Dique" (con dirección escénica de Marta Pazos) para Nova Galega de Danza.

Ademais, colabora en múltiples proxectos relacionados coa economía social, coordinando a comunicación e a implementación de plans de actuación.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Sara García

Sara García

Graduada en Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa no ámbito da xestión cultural, principalmente no eido da música ao vivo. Comezou a súa traxectoria na divulgación e na crítica cultural en distintos medios (Balea Cultural, El Salto, Nós Diario...), para logo adentrarse no ámbito das industrias culturais e creativas.

Na actualidade, centra o seu traballo no desenvolvemento de proxectos culturais. As súas contribucións abranguen desde a distribución e promoción de espectáculos musicais e artísticos ata o comisariado e deseño de programacións, colaborando con múltiples iniciativas. Entre elas destacan a produtora e festival WOS, recoñecido como mellor festival indoor de Europa en 2019; o colectivo fotográfico Ollo e o fotoxornalista Brais Lorenzo, a través do proxecto Habitar o baleiro; ou a compañía Tarabela Creativa.

Paralelamente, é codirectora artística das Xornadas Etnográficas da Mariña, un encontro anual itinerante arredor das músicas de tradición oral celebrado na comarca da Mariña lucense.